Archive for April, 2006

A wiki de chuza

Sunday, April 23rd, 2006

chuza wikiDende que naceu chuza pensei nun desenrolo secuencial: ir implementando novas “features” segundo fose necesario polo uso/audiencia/comunidade, asi apareceron o fedello, os avatares de usuarios, o tema ese de “quen chuzou isto?”, entre outras pequenas cousas e outras que están por vir. Tamén pouco a pouco a FAQ de chuza foise quedando curta para responder a todas as necesitades de información de uso desta web, polo que fai tempo decidin instalar unha wiki para axudar nesta tarefa. Eu creo que a wiki é o sistema máis versátil para crear colaborativamente a documentación de calquera proxecto e a mediawiki é o sistema máis extendido polo seu uso na wikipedia, de momento moi colaborativa non foi porque estivo basicamente en probas, pero aqui a tedes por se queredes colaborar, ou simplemente vos axuda en algo.

Algunhas páxinas interesantes dentro da wiki de chuza:

Ben, pois aí vos queda como saberedes unha wiki podemola editar tod*s, pa eso está :)

Quen chuza qué?

Saturday, April 22nd, 2006

Seguindo o desenvolvemento do software de menéame a ultima “feature” que implementada en chuza é información no interior de cada historia da xente que a chuzou (exemplo), espero que vos sexa útil e se non, polo menos que vos quede bonito aí abaixo:

quenchuza.png

Pero mira que somos riquiños

Saturday, April 22nd, 2006
Chuza loves you

A verdá é que nos 61 dias que leva chuza! na rede galega (official announcement) non me podo queixar da acollida que tivo, aparte das estadísticas que xa coñecemos, da comunidade que estamos montando e da cantidade de historias que enviamos: un monton de xente fala dela nos seus blog, puxo links nas webs e tamén algunha xente fixo pequenas utilidades, imaxes ou sindicou os contidos de chuza nas suas webs, todas estas novas me foron chegando nestes dous meses e todavía non tiven tempo de agradecer e xuntar nun sitio, ben, aquí están:

Non sei se me esquezo de alguén (se é así que deixe un comentario). A toda esta xentiña: obrigado!. Unha das cousas nas que estou traballando en chuza! é facer máis sinxela a sindicación dos contidos, pero teño pendente un post sobre próximos proxectos donde contarei esa entre outras movidolas ;).

O típico primeiro post

Saturday, April 22nd, 2006

Olá, estás no blog de chuza!, este é o primeiro post.