Pero mira que somos riquiños

A verdá é que nos 61 dias que leva chuza! na rede galega (official announcement) non me podo queixar da acollida que tivo, aparte das estadísticas que xa coñecemos, da comunidade que estamos montando e da cantidade de historias que enviamos: un monton de xente fala dela nos seus blog, puxo links nas webs e tamén algunha xente fixo pequenas utilidades, imaxes ou sindicou os contidos de chuza nas suas webs, todas estas novas me foron chegando nestes dous meses e todavía non tiven tempo de agradecer e xuntar nun sitio, ben, aquí están:
- J.M. Outeiro d’O reverso fixo o primeiro bookmarklet para chuza unha “especie de link especial” que arrastras a barra de bookmarks do firefox e axuda a enviar historias a chuza!, moi útil, tamén se fixo unha pequena variación ao fío duns comentarios non lembro donde que abre 2 tabs para facilitar o posteo: arrastrade este link a vosa barra de bookmarks no firefox.
- Dorfun: fixo un engadido para o Wordpress para engadir un link de chuza nos posts: Chúzame. Tamen decidiu engadir o feed RSS de chuza na súa sementeira (que está en beta).
- Iarrovawo fixo un botón deses 80×15 para chuza.
- Blogalego facilitou dende o primeiro dia o envio de novas a chuza poñendo un link en cada un dos elementos sindicados.
- Arredemo tamén dende o primeiro dia sindicou os contidos de chuza no seu “redexornal”
- O Servizo de Asesoramento Linguístico do Consello da Avogacía Galega sindica os contidos do tema “lingua” de chuza na súa web.
- Blablablog sindica tamén o contido de chuza na súa sección de novas.
Non sei se me esquezo de alguén (se é así que deixe un comentario). A toda esta xentiña: obrigado!. Unha das cousas nas que estou traballando en chuza! é facer máis sinxela a sindicación dos contidos, pero teño pendente un post sobre próximos proxectos donde contarei esa entre outras movidolas ;).
November 13th, 2008 at 3:19 am
cq16l1u38ry4cxhu