Chuza na túa web
Dende que comezou chuza houbo unhas cantas cousas do software orixinal de menéame.net que quixen cambiar para adaptalas a este ecósistema de internet galego, basicamente foron:
- Urls amigables que contiveran o titulo do post na url, para que fora indexado mellor nos buscadores e fose recoñecible o contido da historia so con ver a dirección.
- Imaxes de usuarios non dependentes de gravatar.com, porque realmente aqui en galiza tampouco vin que estaba moi extendido o uso de gravatar.
Podedes imaxinar que calquera de estos cambios nun software que está en beta implica un efecto bola de neve que algun dia explicarei con máis detalle aqui, de todos modos ese é o obxectivo a medio plazo, convertir chuza nun fork de menéame máis que nun simple clón. (Por certo: Que gonito esto que acabo de escribir!).
Pois ben, armado de boas intencións e dun fin de semana por diante, decidinme a facer un sistemiña para que a xente puidera poñer os titulares das historias de chuza na súa web, sen que tiveran que usar “parseadores de RSS” nen milongas así (que por outra banda sería o recomendable), pero a realidade é que aquí non estamos rodeados de programadores e canto máis facil sexa algo, mellor… o sistema que collín de referencia foi o que usa Digg: Add digg news to your website, pois ben, pasou o fin de semana e o luns pola noite saiu o “chuza na túa web” e creo que xa coñecedes o resultado o que saiu porque leva publicado unha semana e xa hai algun que outro sitio que o usa: se é o teu caso, deixa cun comment neste post, graZas.
Persoalmente creo que o sistema quedou moi chuliño, versátil, fácil de manexar e nada intrusivo, sen logos de chuza nen publicidade a maiores, simplemente o que buscas: titulares, e como o buscas: en lista, en bloque, con links en nova ventana, un primor e ademáis estou moi orgulloso del (se nota).
Na columna dereita podedes ver o uso máis típico do sistema: a lista das ultimas 10 publicadas, pero tamen sirve para, por exemplo: poñer as túas últimas chuzadas, as ultimas da categoría que máis che mola, a lista das que chuzache e non pasaron a portada, e mil combinacións máis ao voso gusto.
Parece que o sistema vai gustando por aí, a xente de docencia.es usao na súa web despois de velo en chuza e baixar o código fonte… que bonito é esto do software libre. E que a gusto se queda un despois de postear cousas como esta, como un puto boy scout.
Atamañán chuzadores!
May 2nd, 2006 at 7:03 pm
…xa teño chuzamentos na miña bitácora! (gracias!)
May 5th, 2006 at 9:10 pm
Xa teño as novas actualizadas no meu blogue sen pasar traballo. ;-D
Grazas.
May 6th, 2006 at 9:30 pm
Xa estou chuzada, seguinte paso…a ver eses rss, que non me entero moito.
E que vivan os boy scouts.
“Cuando se ve, cuando se ven
Scouts marchar, Scouts marchar
cuando se ven Scouts marchar
quisiera estar
también en sus filas
cuando se ven Scouts marchar.”
Yuju!
May 8th, 2006 at 9:02 pm
Otra mejora: docencia.es en tu Web…
Esta mejora ha sido implementada por el equipo de Chuza! (meneame gallego dedicado a noticias de bloggers de dicha comunidad) y me ha parecido una gran idea.
La idea es que cualquier persona que posea una página web pueda añadir en un rincón de ell…