Chúzao!, unha extensión para firefox

chuzao.png

Ben, a imaxe de arriba creo que é bastante explicativa, pero resumindo moi basicamente: trátase dunha extension para firefox que permite engadir un botón a barra de ferramentas do firefox que ten accesos directos a varias seccións de chuza! e permite enviar dunha forma moi sinxela a web que estás visualizando so con facer clic na primeira opción. A que mola? Pois se usas firefox (altamente recomendado), descargaa e instalaa, seguindo as instruccións de abaixo:

Descargar extensión (xpi, 9 Kb)

Instruccións:

  1. Pulsa no link de arriba e baixa o arquivo xpi a un directorio do teu ordenador.
  2. Dentro do propio firefox vai ao menu File > Open File (Control + O) e escolle o ficheiro no directorio donde o gardaras, pulsa ok e abrirase a ventana de instalar extensión. Instálaa.
  3. Pecha e abre outra vez o Firefox.
  4. Pulsa co botón dereito na barra de ferramentas e escolle “Personalizar”, “Customize”, etc… depende do idioma.
  5. Verás que se abre unha ventana con todas as ferramentas disponíbeis, entre elas verás unha ch! moi cuca.
  6. Arrastra esa ch! a donde queiras da barra de ferramentas, por exemplo despois do menú “Axuda”, pecha a ventana de personalizar a barra de ferramentas e…
  7. Xa está.

Agora xa deberías ter un botonciño coa ch! na barra de ferramentas, se pulsas nel levarache a páxina principal de chuza!, e se pulsas na flecha que ten á dereita desplegaráse un menú coas opcións que comentei antes, lembra que para poder enviar a páxina actual debes estar “logueado” antes en chuza para que non che pida o usuario e contrasinal. Polo resto todo é máis que evidente.

A extensión está baseada na extensión Digg This! para o Digg. Espero que vos sexa útil. A que son riquiño?.

6 Responses to “Chúzao!, unha extensión para firefox”

  1. chuza.org Says:

    Chúzao!, unha extensión para Firefox…

    Chúzao é unha extensión para o firefox que permite poñer un botón na barra de ferramentas para axudar a facer as típicas cousas de chuza: Ir a portada, Ir ao fedello, Enviar a URL que estás vendo entre outras… a ver que vos parece. Eu creo que…

  2. dorfun Says:

    …tempo non haberá para traballar… pero para facer tontás… 1001 gracias!

  3. Ghanito Says:

    Moi bonita na barra e moi útil, hai que poñer o vicio ó alcance da vista.
    Grazas.

  4. nemtele Says:

    que relindo, Che, viste?
    obrigadinho

  5. nemtele Says:

    ja o provei. Aforra-se algo de tempo, pero seria melhor (digo eu, que de informática nom sei nada) se quando aparece chuza ja estivesse escrito o URL (tivem que ir atrás e copia-lo, a proxima vez ja levarei o trabalho feito).
    Pero mola.

  6. nemtele Says:

    rectifico. era eu que nom o fazia bem

Leave a Reply