Debate do estado das categorías
Acabo de incluir 2 novas categorías en chuza:
- Estudos raros: Todas esas enquisas, estudos, que tanto nos gusta chuzar e tan abundantes son en xornais como 20minutos ou Galicia hoxe.
- Universidade: para historias universitarias.
Tamén eliminei a categoría esmorga metendo todos súas historias na categoría eventos.
Aproveito tamén para pedirvos que nos comentarios da historia chuzada deste post opinedes sobre que vos parecen as categorías, cales engadiríades ou quitariades, cales son necesarias, blablabla… vou pasar lista, e a que non opine: castigado con 5 puntos menos de karma.
May 22nd, 2006 at 11:16 am
O debate do estado das categorías en chuza…
Ben, chegou a hora de falar sobre as categorías de historias en chuza, acabo de engadir dúas máis: “Universidade” e “Estudos raros” e eliminar “esmorga”, nos comments de esta historia podedes decir o que opinades sobre o tema este….