Melloras no sistema de comentarios de chuza
Ben, ou como diría un reintegrata: Bom.
Esta tarde estiven facendo unhas cantas modificacións no sistema de comentarios de chuza para que vos sea mas fácil lerchear, trollear ou incluso opinar as historias de chuza, a primeira é que a partir de agora teremos 5 minutiños para editar o comentario que acabamos de enviar para facer modificacións nel de nos equivocar nalgún “nh” ou nalgún “ñ”, dios no lo quiera … a que é útil?.

Aproveito para lembravos que despois de enviar unha historia tedes unha horiña para editar os seus contidos (excepto a url a donde apunta).
Comentarios longos
A outra modificación que fixen está dedicada a vosoutros que tanto vos gusta escribir, xa sabedes, e serve para que os comentarios longos (maiores de 700 caracteres) aparezan inicialmente cortados de forma que so se vexan as primeiras liñas e mostrandose o comentario completo despois de pulsar no link “ver todo o comentario“:

Nota final: outra modificación máis pequena todavia e que non ten moito que ver con esto é que no chat do fedello podes incluir negriñas nos comentarios poñendo a palabra entre *asteriscos* e cursivas metendo a palabra entren _guións baixos_.
June 20th, 2006 at 6:41 pm
Melloras no sistema de comentarios de chuza…
Esta tarde estiven facendo unhas cantas modificacións no sistema de comentarios de chuza para que vos sea mas fácil lerchear, trollear ou incluso opinar as historias de chuza, a primeira é que……