Fl4vi4 Aless4ndr4 sem C4lcinh4

Durante a mañá de hoxe miles e miles de brasileiros chegaron a chuza buscando en google esto, o que provocou repetidas caidas do servidor e en moitos casos ocupaban tanto a conexión que era ata imposible reinicialo de novo. Para solucionalo tiven que facer unha páxina especial para a xente que chegaba de google buscando iso evitando desa forma que cargaran todo o código da páxina.

A pesar de esa restrición a sobrecarga seguia sendo extremadamente forte polas visitas doutros motores de búsqueda e espellos de google polo que rematei eliminando a historia e todas as referencias, votos e comentarios a ela por motivos de seguridade xa que o servidor de chuza non está preparado para unha carga que en algunhas horas de hoxe foi ata 20 veces superior á habitual.

Esta é a primeira vez que se borra unha historia en chuza e non dubidarei en volver a facelo no caso de que unha historia descartada esté provocando un flood de visitas deste tipo. Ou tomar calquera outra medida similar en calquera outro caso no que se comprometa a continuidade normal do servizo.

Como medida temporal para que esto non volva a ocurrir forcei que as historias descartadas non sexan indexadas polos crawlers como o googlebot e similares usando Robots meta tags. Con máis tempo e despois dun análise máis profundo do problema tomarei medidas máis ríxidas contra casos de este tipo.

Ah, a foto de Flavia Alessandra é esta ;)

PD: Obrigado a Pedro Silva e Álvaro Gómez polo apoio técnico.

Comments are closed.