Cambios no sistema de karma, comentarios e votos
Olá, aquí berto de novo.
Acabo de implementar unha serie de cambios no sistema de karma, votos e comentarios que afectan de forma global ao funcionamento de chuza!. O obxectivo destes cambios é adaptar o sistema a un volume de usuarios e historias cada dia máis grande e facer máis complicado os diferentes abusos e usos interesados do sistema.
Aquí está o paquete de medidas, como diría un político:
- En xeral: O calculo de karma é máis conservador e vai ser máis dificil subir puntos de karma. Pola contra adquirir status especial (podendo editar novas de outros, etc…) será máis fácil: os usuarios adquirirán status especial ao pasar dos 16 de karma e non o perderán ata baixar de 14.
- Karma mínimo: aínda que o karma base de chuza segue sendo 6 (con ese karma comezan os novos rexistrados) a partir de agora o karma poderá baixar ata 4. Os usuarios con karma menor que 5 non poderán enviar historias, comentarios, chios nen mensaxes ao fedello. A xente que so teña a conta para comentar ou votar negativo veráse afectada por iso: o único que poderán facer para recuperar karma é votar por historias que lle parezan interesantes e esperar que esas historias pasen a portada. Non é complicado volver a karma 5 ou máis.
- Medidas contra karma-whores, bots e pseudo-bots: A xente que vote maioritariamente as novas de portada ou que vaian pasar a portada co obxectivo de acumular karma será penalizada no recalculo de karma.
- Choivas de negativos: O karma mínimo para votar negativo será de 8. E no caso de votar máis de 2 negativos en un minuto o karma do usuario baixará en 2 puntos.
- Votación de comentarios: Os comentarios poderán ser valorados positivamente ou negativamente por usuarios con karma 6 ou superior. Cada voto sumará ou restará o karma do usuario que vota ao comentario. No caso de que un comentario acumule un karma inferior a -50 este non será mostrado directamente na lista. Estes votos negativos e positivos afectaran ao karma do autor do comentario. Para evitar choivas de negativos en comentarios se un usuario fai máis de 4 votos negativos a comentarios nun minuto o seu karma baixará un punto.
Espero que estas medidas axuden a crear un espazo de convivencia máis positivo e que chuza volva a ser unha ferramenta engrasada para valorar e debatir a información.
Nota: de momento estes cambios están en probas e pode haber variacións e a xustes.
Engadido: Como se ve que non está moi claro algunhas veces, algunhas pistas sobre o que sube ou baixa o karma.
Sube o karma:
- Enviar historias e que chas voten positivamente.
- Votar positivamente historias que finalmente pasa á portada.
- Votar negativamente historias que finalmente se descartan.
- Que os teus comentarios teñan votos positivos.
Baixa o karma:
- Enviar historias e que chas voten negativamente.
- Enviar comentarios e que chos voten negativamente.
- Votar negativamente historias que pasan á portada.
- Votar positivamente historias que acaban descartadas.
- Votar negativamente moi rápido (se votas máis de 2 negativos nun minuto o teu karma baixará 2 puntos).
- Votar comentarios negativamente moi rápido (se votas máis de 4 comentarios negativos nun minuto o teu karma baixará 1 punto)
- Votar masivamente as novas da portada ou que vaian pasar a portada e non facer ningunha outra cousa. (penalización despois do cálculo)
- Votar soamente sen enviar comentarios nen historias durante un longo tempo. (penalización despois do cálculo)
- O paso do tempo sen ter actividade.
Máis información sobre o funcionamento básico do sistema de karma.