Imaxes en chuza! (en probas)
Hello.
Unha das cousas que moitas veces critican de chuza é a sequedade textual da portada e das novas en xeral, despois da implementación da xeolocalización os interiores das novas eran un pouco máis coloridos pero aínda asi os mapas non deixaban de ser mapas.
Polo que ao longo de esta última finde estiven probando as posibilidades de que os usuarios asocien unha imaxe ás novas que chuzan, para destacalas, decorar, etc… podería quedar ben. Despois de moito probar, anuncio que xa está disponíbel (en probas) esta nova característica.

Como funciona?
Non é un proceso automático: o usuario que envia ten que escoller a imaxe, seguide lendo:
Ben, non se pode asociar calquera imaxe ás novas de chuza, senon imaxes que existan na web que se envia. O proceso é simple: cando envias unha nova debaixo de donde escolles a categoría verás que hai unha nova sección para esto das imaxes. O primeiro que tes que facer é clicar en Cargar Imaxes, nese momento o servidor de chuza analizará a url enviada e buscará imaxes maiores de 100×100 píxles. Cando acabe de analizar aparecerán unhas miniaturas das imaxes válidas (tal e como se van ver en chuza) e poderás escoller a que queiras asociar. Nada máis. Cando envies a nova esa imaxe aparecerá en pequeno (70×70) nos listados e en grande (120×120) no interior das novas.
Cambiar e borrar a imaxe
Aínda que poderás ver como queda a imaxe na previsualización da nova antes de enviala definitivamente pode que queiras cambiala ou quitala. Para iso so tes que editar a nova que enviache (lembra que so o podes facer durante 1 hora despois do envio se non eres usuario con karma maior que 16). Na edición da nova informaráseche que a historia xa ten unha imaxe asociada e poderás eliminala clicando na caixiña correspondente ou ben escoller outra mediante un proceso exactamente igual que o do envio.
Simple.
Notas, avisos e recordatorios
- Pode que teñades que vaciar a caché dos vosos navegadores para que isto funcione.
- Trátase dun servizo en probas, polo que ás veces pode petar de formas raras. Tamén pode tardar bastante tempo en analizar as páxinas buscando imaxes, de todos modos a min nunca me tardou máis de 30 segundos. En calquera de estas eventualidades por favor dade razón a bertez@gmail.com.
- O sistema presupón que as páxinas que analiza teñen ben metidas as rutas das imaxes e as etiquetas html pero esto non sempre é asi polo que pode ocurrir que ti vexas que na páxina que chuzas hai imaxes que poderían valer pero o sistema non as detecte. Nalgúns casos esto pode arranxarse pero noutros o arranxo é que a xente faga ben as páxinas e teña coidado ao meter as imaxes. No caso de que esto ocurra, dade razón ao mail de arriba, please.
- Están pendentes varias cousas como por exemplo: que faga a miniatura automáticamente se o que se chuza é unha imaxe en si mesma, que faga miniaturas das imaxes dos videos de youtube que se chuzan, etc…
- De vez en cando o sistema asume como válida unha imaxe que corresponde a un banner publicitario ou similar. Calquera imaxe non relacionada coa nova será borrada do sistema.
- Xa dixen que esto está en probas e que pode petar epicamente en calquera momento?
Problemas coñecidos:
- As imaxes das novas de A Nosa Terra escríbense dinámicamente no navegador do visitante mediante JavaScript, por esa razón non poderán ser extraidas por chuza.
- As imaxes que teñen espazos no nome de arquivo ás veces dan problemas. Estou buscando o patrón.