Votos negativos públicos
Tuesday, May 27th, 2008Hoxe martes, 27 de maio de 2008, e a partir da publicación desta nova (ás anteriores non lles afecta) os votos negativos en chuza serán públicos para as persoas que iniciaran sesión.
Aparecerán tanto no fedello como no listado de votos debaixo de cada nova (marcados en vermello). Os votos a comentarios seguirán sendo privados. Aviso que esta mudanza está en probas durante unha semana, calquera problema por mínimo que sexa que xenere fará que volvamos ao anterior estado.
Así mesmo o karma mínimo para votar negativo baixa 1 punto. Agora os usuarios con 7 (un punto máis do karma inicial) ou máis de karma poderán valorar negativamente as novas.
Nada máis