Cambios no sistema de votación de chuza!
Tuesday, May 16th, 2006Ontes, amiguiños, chuza recibiu durante un par de horas votacións masivas de historias producidas por “bots” que emitian as chuzadas dende unhas cantas direccións IP diferentes, non sei se foi un “experimento descontrolado”, un “cabreo momentaneo” de algunha persona ou simplemente que tocou a chuza como mañá lle tocará a outros… dame igual, en calquera caso ese foi un bo momento para facer unhas poucas modificacións no sistema de votacións para adaptalo mellor a audiencia que ten agora chuza, e previr posibles novos incidentes coma ese:
- Agora so se poderá chuzar unha nova ata 30 dias despois de ser enviada, despois de ese tempo as votacións pecharánse.
- So se poderá comentar unha nova ata 40 dias despois de ser enviada, despois de ese tempo os comentarios peacharánse.
- Se votas anónimamente moi rápidamente durante un periodo de tempo primeiro recibirás un warning (EI! Sentidiño), e se sigues votando anónimamente producirá un erro.
- Se na ultima hora os votos anónimos dunha historia son claramente superiores aos votos de usuarios, estos votos anónimos reducirán o valor de karma que acumulan na historia ata 1.
Estos cambios están en probas polo que se atopades algun erro enviademe un mail a bertez@gmail.com.
GraZZas amiguiños.
Dende que comezou chuza houbo unhas cantas cousas do software orixinal de 
