August 29th, 2007

Acabo de implementar xeolocalización de usuarios e novas en chuza polo que a partir de agora no voso perfil poderedes ver na parte de abaixo un mapa en miniatura e un formulario, no caso de querer compartir donde estades co resto da comunidade podedes facer clic no mapa ou usar o formulario para buscar o lugar donde estades.

No caso das novas cada vez que enviades unha podedes ir ao interior dela e ver que aparece un sistema de mapa e formulario que dunha forma exactamente igual podedes situar a nova no mapa. As novas localizadas amosan o mapiña cada vez que se visitan.

Con todos estes datos de xeolocalización é posible mostrar unha visualización das novas de chuza como esta: o mapa.
Posted in Novas | No Comments »
August 22nd, 2007
Olas, aquí berto de novo! Desta volta é para anunciar melloras no rendemento de chuza.
Mes a mes a audiencia de chuza sube, e con iso tamén aumentan os recursos que consume no servidor, tanto de carga como de transferencia. Este aumento no consumo de recursos afecta a todos os usuarios facendo que o tempo que tarda en acceder e mostrar cada páxina sexa maior, e como cada usuario accede a un bo número de páxinas en cada sesión un aumento de rendemento fará que a navegación por chuza sexa máis fluida, perdendo menos tempo en esperar e máis en facer o que faga cada un en chuza.
A carga do servidor
A carga é a cantidade de memoria e procesador que consume o servidor web e o servidor de bases de datos. Para que un servidor soporte mellor a carga so hai dúas opcións: mellorar o código da aplicación para que “cargue” menos ou mellorar a máquina para que soporte mellor a carga. Dende o último aumento de memoria fai uns meses a carga está bastante estabilizada e nunca chega a límites que afecten notablemente á navegación aínda que si que teño planeada para finais de ano unha revisión tanto do código como de viabilidade do servidor no que leva chuza dende que comezou.
Optimizando a transferencia
A transferencia é a cantidade de datos que se transmiten entre o servidor e a audiencia. Canto menor sexa a cantidade de datos que se transfiren en cada acceso a unha páxina por parte dun usuario máis rápido se mostrarán as páxinas. Chuza viña tendo uns consumos de ancho de banda diarios bastante elevados ultimamente, habia semanas que non baixaba dos 5Gb de transferencia diarios que:
- Facían máis lenta a páxina.
- A final de mes me chegaban unhas facturas de execeso de transferencia horrendas.
Para solucionar estes problemas puxenme a analizar o consumo e posibles solucións e finalmente cheguei a afrontar o problema por dúas frontes: por un lado o tráfico de páxinas e por outro o tráfico de imaxes (avatares, principalmente). As medidas que tomei foron estas, pode que non sexan as máis óptimas pero confío en que funcionen suficientemente ben:
- O consumo de ancho de banda en páxinas, aínda que máis reducido que o de imaxes puiden solucionalo facendo que o servidor enviara as páxinas comprimidas aos navegadores, para iso usei un módulo do apache2 que xa tiña que ter usado fai tempo: o mod_deflate, usando este sinxelo tutorial de Howtoforge (nunca me cansarei de recomendar esa web) en menos de 10 minutos xa estaba aforrando máis do 70% de transferencia en no acceso a cada páxina.
- Agora viña o gordo: o consumo de ancho de banda en imaxes. Se vos fixades cada páxina de chuza ten tropecentos avatares (quen comentou, quen votou, os listados) que, aínda que cada un pesa pouco, xuntos forman unha lexión que multiplica os accesos en cada carga de páxina e vai sumando Kilobytes de transferencia mentres se frotan as mans os tipos do servidor. Para solucionar esto decidin que tiña que sacar as imaxes do server a outro. Este server tiña que cobrar menos pola transferencia, ser rápido, fiable e ter un sistema sinxelo para que os dous servidores se puideran comunicar para transferirse entre eles as imaxes dos usuarios. Despois de moito mirar optei por Amazon S3, o servizo de almacenamento que ofrece a coñecida Amazon, que: é relativamente barato (non ten consumo mínimo, podedes comprobar o gasto nesta calculadora), extremadamente rápido e fiable, e pon a disposición dos usuarios unha API para poder comunicarse facilmente con el. So tiven que buscar un pouco atopei esta clase de php que me permitiu integrar facilmente a subida de imaxes de usuario aos servidores de Amazon. Rápido, limpo e sinxelo.
Pois nada máis, espero que notedes a mellora, como dato: o mes pasado chuza consumiu 115Gb de ancho de banda, dos cales máis ou menos 75Gb foron de imaxes e 40Gb de páxinas. Tan so coa compresión de páxinas aforraría 28Gb (o 70% do tráfico) que veñen sendo 30.000 millóns de bits. Supoñendo que a velocidade de acceso media a chuza é de 512Kbits/sec no mes pasado os usuarios de chuza teríamos aforrado 16 horas de espera mentres acaban de cargar as páxinas (iso si, repartidas entre todos)
Ata a próxima amigos!
Posted in Novas | No Comments »
July 2nd, 2007
Ola amiguiños, aquí berto de novo!
Reabro este blog case un ano despois de clausuralo para anunciarvos unha nova feature en chuza: Os chios, un sistema de updates de usuarios ou micro-blogueo, o que é, para aclararnos: unha especie de twitter para que os usarios de chuza podan contar o que están facendo, avisar ou decir calquera cousa usando un sistema de notas accesible por medio de unha interface común e sinxela.
O sistema está baseado no nótame de menéame con fortes modificacións para adaptalo ao entorno de chuza que difire en moitos aspectos básicos do código orixinal de menéame.
Para acceder tan só tedes que ir a http://chuza.org/chios donde vos atoparedes un listado dos últimos updates dos usuarios de chuza:

Na parte superior e se estades logueados veredes que tedes a opción de ver todos os updates, so os updates dos vosos amigos (ver abaixo como engadir ou quitar amigos) ou ben tan só os vosos updates. No caso de accederes sen estar logueados so poderedes acceder ao listado de todos, ou ben aos dun usuario específico pulsando no seu nome debaixo dun dos seus updates. Todas esas opcións veñen de serie co seu correspondente RSS.
Para enviar updates hai que estar rexistrado e logueado. Se é ese o caso veredes que debaixo do menu hai un botón que permite insertar un novo update e se pulsades na mesma páxina apareceravos o formulario de inserción:

Tedes 300 caracteres para insertar o update e un contador debaixo que vos avisa no caso de pasarvos. Despois de pulsar gardar o voso update aparecerá na lista e teredes un tempo para editalo pulsando o botón editar. Como vedes o sistema é ben facil.
Tamén houbo cambios na ficha de usuario (http://chuza.org/user.php?login=berto): agora a ficha estará encabezada polo último update de ese usuario se é que fixo algún e tamén poderedes establecer se un usuario de chuza é amigo ou non manualmente pulsando no corazonciño que hai ao lado do campo relación. So ten dúas posicións: ou amigo (vermello) ou relación non establecida (gris, por defecto). Podedes ver os vosos amigos e que vos escolleu como amigo na 2º pestaña (amigos).

Tamén dende a ficha poderedes acceder ao listado de updates de ese usuario pulsando na última das pestañas.
Nada máis. A disfrutar de este novo servizo de chuza.
Posted in Novas | 3 Comments »
September 15th, 2006
Pecho este blog porque as funcións que deberia cumplir están cubertas de sobra pola wiki.
Posted in Novas | No Comments »
August 16th, 2006
Como xa saberedes, estimados frikiños, dende fai un tempo na lista de historias pendentes aparece un aviso automático debaixo das historias no caso de que estas acumulen un nº de votos negativos segundo esta codición:
$this->status == 'queued' && $negatives->count > 1 && $negatives->count > $this->votes/4
Esto vén decir que so mostra o aviso cando a historia está pendente, ten máis de un negativo e o nº de negativos é maior á cuarta parte do total de votos.
A partir de agora o número de votos negativos deberá superar a terceira parte do total de votos:
$this->status == 'queued' && $negatives->count > 1 && $negatives->count > $this->votes/3
Posted in Novas | 3 Comments »
July 13th, 2006
Quen ande por Santiago o próximo 25 de xullo pola tarde e queira coñecer a outros chuceiros/as que se pase pola carballeira de San Lourenzo, Campus Sur. Aproveitando a festa do BNG e o Festigal aí haberá variedade de servizos (bochinches, música, pulpo, licor café … tamén un campus enteiro para facer picnic) para poder comer, charlar, beber, bailar e miles de combinacións máis que seguramente quedarán retratadas por outras tantas cámaras dixitais.
Como chuza presume de ser unha “rede social” e aquí nos coñecemos todos (ou case) nos próximos dias no fedello irémonos organizando e concretando como quedar ese dia e anotando as novidades nos comentarios deste post así como a lista de persoas que vamos ir.
Animairvos, ho.
Links interesantes:
Nota: Como o 24 pola noite tamén andaremos todos por aí tamen podemos combinar de algunha forma para ir saludándonos e a ver se prospera “el rollo del follar” que o fedello anda moi picarón ultimamente.
Posted in Mundo Chuza | 36 Comments »
June 20th, 2006
Ben, ou como diría un reintegrata: Bom.
Esta tarde estiven facendo unhas cantas modificacións no sistema de comentarios de chuza para que vos sea mas fácil lerchear, trollear ou incluso opinar as historias de chuza, a primeira é que a partir de agora teremos 5 minutiños para editar o comentario que acabamos de enviar para facer modificacións nel de nos equivocar nalgún “nh” ou nalgún “ñ”, dios no lo quiera … a que é útil?.

Aproveito para lembravos que despois de enviar unha historia tedes unha horiña para editar os seus contidos (excepto a url a donde apunta).
Comentarios longos
A outra modificación que fixen está dedicada a vosoutros que tanto vos gusta escribir, xa sabedes, e serve para que os comentarios longos (maiores de 700 caracteres) aparezan inicialmente cortados de forma que so se vexan as primeiras liñas e mostrandose o comentario completo despois de pulsar no link “ver todo o comentario“:

Nota final: outra modificación máis pequena todavia e que non ten moito que ver con esto é que no chat do fedello podes incluir negriñas nos comentarios poñendo a palabra entre *asteriscos* e cursivas metendo a palabra entren _guións baixos_.
Posted in Novas | 1 Comment »
June 20th, 2006
Como se avisou dende o principio (ver faq, abaixo de todo): nos próximos dias e debaixo da cabeceira de chuza! vai aparecer un báner publicitario co obxectivo de cubrir os gastos de ampliación de servidor e pago das cuotas mensuais. As condicións son as seguintes (non definitivas, pero que establecen liñas a seguir):
- Será publicidade en galega e en galego.
- Será publicidade adaptada ao público de chuza!
- O fedello, wiki e blog permanecerán sen publicidade.
- A empresa que xestione a publicidade será galega (GaliciaBanner)
Nota: pecho os comentarios, comentade na nova chuzada.
Posted in Novas | 1 Comment »
May 22nd, 2006
Acabo de incluir 2 novas categorías en chuza:
- Estudos raros: Todas esas enquisas, estudos, que tanto nos gusta chuzar e tan abundantes son en xornais como 20minutos ou Galicia hoxe.
- Universidade: para historias universitarias.
Tamén eliminei a categoría esmorga metendo todos súas historias na categoría eventos.
Aproveito tamén para pedirvos que nos comentarios da historia chuzada deste post opinedes sobre que vos parecen as categorías, cales engadiríades ou quitariades, cales son necesarias, blablabla… vou pasar lista, e a que non opine: castigado con 5 puntos menos de karma.
Posted in Novas | 1 Comment »
May 20th, 2006
Fai uns dias chegaronme un par de correos duns alumnos do 2º ciclo de xornalismo da USC comentandome que tiñan a intención de facer un traballo sobre interactividade para o Seminario de Investigación en Comunicación usando a chuza como referencia. Flipei mazo. Fíxome un monton de ilusión que usaran a chuza para gastar unhas horas da sua vida escribindo no editor de textos usando mil paráfrases e a doble espazo (que non foi o caso, pero cando estudaba facer eso era o habitual, polo menos eu así o facía :)) e sobre todo para arañarlle 4 créditos e medio ($$) ao sistema universitario.
Durante os seguintes dias cruceime uns cantos correos con eles, falei no fedello e ata falei en persoa con algun deles e sonche unha xente extraordinaria, tamén son xeniais os traballos que me enviaron, cada cal no seu estilo teñen as ideas moi claras sobe o que é chuza, de feito moitas veces teñenas moito máis claras ca min.
Disfrutei moito lendo eses traballos e estou moi orgulloso que esto que estamos montando entre todos sexa digno de ser analizado, e tan ben analizado. Obrigasisimo a Xela, a Belén e a David: sodes moi majos de diola.
Aqui podedes ver os traballos que fixeron:
PD: O martes que vén teño que ir a pontevedra a falar sobre chuza na RdL06, non sabedes o favor que me fixestes enviandome estes traballos
(shhh!)
Posted in Mundo Chuza | 2 Comments »