Chuza e a interactividade

May 20th, 2006

chuzausl.pngFai uns dias chegaronme un par de correos duns alumnos do 2º ciclo de xornalismo da USC comentandome que tiñan a intención de facer un traballo sobre interactividade para o Seminario de Investigación en Comunicación usando a chuza como referencia. Flipei mazo. Fíxome un monton de ilusión que usaran a chuza para gastar unhas horas da sua vida escribindo no editor de textos usando mil paráfrases e a doble espazo (que non foi o caso, pero cando estudaba facer eso era o habitual, polo menos eu así o facía :)) e sobre todo para arañarlle 4 créditos e medio ($$) ao sistema universitario.

Durante os seguintes dias cruceime uns cantos correos con eles, falei no fedello e ata falei en persoa con algun deles e sonche unha xente extraordinaria, tamén son xeniais os traballos que me enviaron, cada cal no seu estilo teñen as ideas moi claras sobe o que é chuza, de feito moitas veces teñenas moito máis claras ca min.
Disfrutei moito lendo eses traballos e estou moi orgulloso que esto que estamos montando entre todos sexa digno de ser analizado, e tan ben analizado. Obrigasisimo a Xela, a Belén e a David: sodes moi majos de diola.

Aqui podedes ver os traballos que fixeron:

PD: O martes que vén teño que ir a pontevedra a falar sobre chuza na RdL06, non sabedes o favor que me fixestes enviandome estes traballos :P (shhh!)

Chúzao!, unha extensión para firefox

May 18th, 2006
chuzao.png

Ben, a imaxe de arriba creo que é bastante explicativa, pero resumindo moi basicamente: trátase dunha extension para firefox que permite engadir un botón a barra de ferramentas do firefox que ten accesos directos a varias seccións de chuza! e permite enviar dunha forma moi sinxela a web que estás visualizando so con facer clic na primeira opción. A que mola? Pois se usas firefox (altamente recomendado), descargaa e instalaa, seguindo as instruccións de abaixo:

Descargar extensión (xpi, 9 Kb)

Instruccións:

  1. Pulsa no link de arriba e baixa o arquivo xpi a un directorio do teu ordenador.
  2. Dentro do propio firefox vai ao menu File > Open File (Control + O) e escolle o ficheiro no directorio donde o gardaras, pulsa ok e abrirase a ventana de instalar extensión. Instálaa.
  3. Pecha e abre outra vez o Firefox.
  4. Pulsa co botón dereito na barra de ferramentas e escolle “Personalizar”, “Customize”, etc… depende do idioma.
  5. Verás que se abre unha ventana con todas as ferramentas disponíbeis, entre elas verás unha ch! moi cuca.
  6. Arrastra esa ch! a donde queiras da barra de ferramentas, por exemplo despois do menú “Axuda”, pecha a ventana de personalizar a barra de ferramentas e…
  7. Xa está.

Agora xa deberías ter un botonciño coa ch! na barra de ferramentas, se pulsas nel levarache a páxina principal de chuza!, e se pulsas na flecha que ten á dereita desplegaráse un menú coas opcións que comentei antes, lembra que para poder enviar a páxina actual debes estar “logueado” antes en chuza para que non che pida o usuario e contrasinal. Polo resto todo é máis que evidente.

A extensión está baseada na extensión Digg This! para o Digg. Espero que vos sexa útil. A que son riquiño?.

Cambios no sistema de votación de chuza!

May 16th, 2006

Ontes, amiguiños, chuza recibiu durante un par de horas votacións masivas de historias producidas por “bots” que emitian as chuzadas dende unhas cantas direccións IP diferentes, non sei se foi un “experimento descontrolado”, un “cabreo momentaneo” de algunha persona ou simplemente que tocou a chuza como mañá lle tocará a outros… dame igual, en calquera caso ese foi un bo momento para facer unhas poucas modificacións no sistema de votacións para adaptalo mellor a audiencia que ten agora chuza, e previr posibles novos incidentes coma ese:

  • Agora so se poderá chuzar unha nova ata 30 dias despois de ser enviada, despois de ese tempo as votacións pecharánse.
  • So se poderá comentar unha nova ata 40 dias despois de ser enviada, despois de ese tempo os comentarios peacharánse.
  • Se votas anónimamente moi rápidamente durante un periodo de tempo primeiro recibirás un warning (EI! Sentidiño), e se sigues votando anónimamente producirá un erro.
  • Se na ultima hora os votos anónimos dunha historia son claramente superiores aos votos de usuarios, estos votos anónimos reducirán o valor de karma que acumulan na historia ata 1.

Estos cambios están en probas polo que se atopades algun erro enviademe un mail a bertez@gmail.com.

GraZZas amiguiños.

Peregrinación

May 10th, 2006
virxe.jpg

… o karma é un exercicio de devoción

Última hora!! Última hora!!

May 8th, 2006

está pasando, estalo chuzando

definitivamente a categoría “ultima hora” está funcionando moi ben ;)

Que é chuza? (II)

May 6th, 2006

CHU’ZA (koo’za; Aram. chuza’, “jug”).

The “steward” of Herod (Antipas), whose wife, Joanna, having been cured by our Lord either of possession by an evil spirit or of a disease, became attached to that body of women who accompanied Him on his journeyings (Lk 8:3).

(Vía, Bible History)

Karma acumulado das historias na portada

May 3rd, 2006

A partir de agora e por petición no fedello na portada vaise ver o karma acumulado de cada historia publicada, esto é: a suma do karma de cada usuario que chuzou a historia. Veredes que non as novas máis chuzadas teñen que ser as que máis karma teñen. De paso recomendo a lectura e, de paso, traducción deste documento sobre o funcionamento do karma que colguei na wiki.

Que é chuza? (I)

May 2nd, 2006

“un chiringuito para que los enteradillos se enteraran de las noticias da Galiza”

(Vía, un blog resentido, coma outros)

Chuza na túa web

May 2nd, 2006

fondotua.pngDende que comezou chuza houbo unhas cantas cousas do software orixinal de menéame.net que quixen cambiar para adaptalas a este ecósistema de internet galego, basicamente foron:

  • Urls amigables que contiveran o titulo do post na url, para que fora indexado mellor nos buscadores e fose recoñecible o contido da historia so con ver a dirección.
  • Imaxes de usuarios non dependentes de gravatar.com, porque realmente aqui en galiza tampouco vin que estaba moi extendido o uso de gravatar.

Podedes imaxinar que calquera de estos cambios nun software que está en beta implica un efecto bola de neve que algun dia explicarei con máis detalle aqui, de todos modos ese é o obxectivo a medio plazo, convertir chuza nun fork de menéame máis que nun simple clón. (Por certo: Que gonito esto que acabo de escribir!).

Pois ben, armado de boas intencións e dun fin de semana por diante, decidinme a facer un sistemiña para que a xente puidera poñer os titulares das historias de chuza na súa web, sen que tiveran que usar “parseadores de RSS” nen milongas así (que por outra banda sería o recomendable), pero a realidade é que aquí non estamos rodeados de programadores e canto máis facil sexa algo, mellor… o sistema que collín de referencia foi o que usa Digg: Add digg news to your website, pois ben, pasou o fin de semana e o luns pola noite saiu o “chuza na túa web” e creo que xa coñecedes o resultado o que saiu porque leva publicado unha semana e xa hai algun que outro sitio que o usa: se é o teu caso, deixa cun comment neste post, graZas.

Persoalmente creo que o sistema quedou moi chuliño, versátil, fácil de manexar e nada intrusivo, sen logos de chuza nen publicidade a maiores, simplemente o que buscas: titulares, e como o buscas: en lista, en bloque, con links en nova ventana, un primor e ademáis estou moi orgulloso del (se nota).

Na columna dereita podedes ver o uso máis típico do sistema: a lista das ultimas 10 publicadas, pero tamen sirve para, por exemplo: poñer as túas últimas chuzadas, as ultimas da categoría que máis che mola, a lista das que chuzache e non pasaron a portada, e mil combinacións máis ao voso gusto.
Parece que o sistema vai gustando por aí, a xente de docencia.es usao na súa web despois de velo en chuza e baixar o código fonte… que bonito é esto do software libre. E que a gusto se queda un despois de postear cousas como esta, como un puto boy scout.
Atamañán chuzadores!

A wiki de chuza

April 23rd, 2006

chuza wikiDende que naceu chuza pensei nun desenrolo secuencial: ir implementando novas “features” segundo fose necesario polo uso/audiencia/comunidade, asi apareceron o fedello, os avatares de usuarios, o tema ese de “quen chuzou isto?”, entre outras pequenas cousas e outras que están por vir. Tamén pouco a pouco a FAQ de chuza foise quedando curta para responder a todas as necesitades de información de uso desta web, polo que fai tempo decidin instalar unha wiki para axudar nesta tarefa. Eu creo que a wiki é o sistema máis versátil para crear colaborativamente a documentación de calquera proxecto e a mediawiki é o sistema máis extendido polo seu uso na wikipedia, de momento moi colaborativa non foi porque estivo basicamente en probas, pero aqui a tedes por se queredes colaborar, ou simplemente vos axuda en algo.

Algunhas páxinas interesantes dentro da wiki de chuza:

Ben, pois aí vos queda como saberedes unha wiki podemola editar tod*s, pa eso está :)